Antonio Beccadelli
{´sen referencias}}
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1394 Palermo, Italia |
Morte | 19 de xaneiro de 1471 (76/77 anos) Nápoles (Italia) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, historiador, diplomático |
Profesores | Gasparino Barzizza (pt) e Niccolò Tedeschi (pt) |
Alumnos | Johannes Philippus de Lignamine (en) , Giovanni Pontano e Antonio De Ferrariis (pt) |
Pseudónimo literario | Panormita |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature (en) Poets Laureate in the Holy Roman Empire: a Bio-bibliographical Handbook (en) , (vol:1, sec:B-21, p.145-147) |
Antonio Beccadelli, chamado Il Panormita, nado en 1394 e finado en 1471, foi un poeta e humanista italiano, escribiu principalmente en latín.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencía á unha familia nobre de Boloña, os Beccadelli, seu pai Enrico di Vannino Beccadelli, un rico comerciante xogou un importante papel na política siciliana, servindo como pretor de Palermo en 1393, e nesa cidade naceu Antonio Beccadelli no ano seguinte.
Axudou a seu pai nos seus negocios e entusiasmouse cos estudos humanísticos.
Viaxes
[editar | editar a fonte]Beccadelli viaxou por numerosas cidades italianas, foi estudante de Gasparino de Bérgamo en Padua. En 1419 estableceuse durante algún tempo en Florencia, e despois desprazouse ata Siena para estudar xurisprudencia. Dirixiuse logo ata Boloña e alí permaneceu ata agosto de 1427. Volveu a Florencia e despois moveuse ata Roma, en 1429 viaxou a Xénova.
Residiu como convidado na corte do duque de Milán Filippo Maria Visconti en Pavia (1430-1433), completando alí os seus estudos.
Beccadelli e Afonso V de Aragón
[editar | editar a fonte]En 1434 trasladouse a Nápoles e fixo amizade con Giovanni Pontano quen o presentou na corte de Afonso V de Aragón en Nápoles, entrando ao seu servizo na corte, Beccadelli e Afonso comportían un grande amor pola cultura e mantiveron unha boa amizade, cando o duque de Milán fixo prisioneiro a Afonso, Beccadelli xogou un importante papel nas negociacións para o liberar. En Nápoles Beccadelli fundou a Academia Porticus Antonianus (1458). Despois da morte de Afonso serviu ao seu sucesor, Fernando I de Nápoles.
Hermaphroditus
[editar | editar a fonte]A obra máis famosa de Beccadelli foi Hermaphroditus (1425), unha colección de oitenta e un epigramas latinos, que evoca o eroticismo dos traballos de Catulo e Marcial, así como tamén das Priapea. A obra acabou sendo condenada e censurada como obscena por apoloxistas cristiáns como Antonio da Rho
Outras obras
[editar | editar a fonte]Escribiu Epistulae gallicae e Epistulae campanae, as dúas publicadas en 1474 e compilou De dictis et factis Alphonsi regis, panexíricos dedicados a Afonso V. Tamén escribiu a crónica Liber Rerum Gestarum Ferdinandi Regis (1438-1458).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en italiano) Panormita
- (en italiano) Antonio Beccadelli Panormita
- (en inglés) Medieval and Renaissance Italy: Early Renaissance Invective and the Controversies of Antonio da Rho
- (en italiano) Palazzo del Panormita
- (en inglés) Eugene O'Connor, "Panormita's reply to his critics: the 'Hermaphroditus' and the literary defense"